Títeres nas mans… na BPM do Saviñao
Día 8 de maio de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para desatar a imaxinación para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2015, contamos coa actividade Títeres nas mans con Larraitz Urruzola, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Consistiu en pintar na man personaxes imaxinadas, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques, e xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes. Tanta foi a imaxinación que ata creamos un parque infantil cun bambán, o castelo dun fero dragón, unha cabana para agocharse do dragón e un tobogán, feitos cos materiais que atopamos na sala durante a actividade (envases das pinturas, mesas e sillas da biblioteca).
Tamén houbo un gran río no que todas as personaxes creadas se bañaron e xogaron.
Xogamos moito, e para a foto de recordo de todas as personaxes, estabamos un pouco tristeiros porque se acababa a festa.