“A volta ao mundo en oito máquinas” na Axencia de Lectura de San Vicente
O sábado 9 de maio Polo correo do vento achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o seu espectáculo “A volta ao mundo en oito máquinas”.
Un contacontos ilustrado e musicado que trata sobre unha viaxe arredor do mundo e que homenaxea autores como Julio Verne, os Beatles ou Marilar Alexandre, que rematará cun obradoiro de debuxo sobre un personaxe da historia.
Ao final do contacontos, grandes e pequenos aprenderon a debuxar unha personaxe do conto e colorearon diferentes escenas do mesmo.
Outra fantástica mañá de sábado na Axencia de Lectura de San Vicente