Día 8 de maio de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para desatar a imaxinación para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2015, contamos coa actividade Títeres nas mans con Larraitz Urruzola, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Consistiu en pintar na man personaxes imaxinadas, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques, e xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes. Tanta foi a imaxinación que ata creamos un parque infantil cun bambán, o castelo dun fero dragón, unha cabana para agocharse do dragón e un tobogán, feitos cos materiais que atopamos na sala durante a actividade (envases das pinturas, mesas e sillas da biblioteca).
Tamén houbo un gran río no que todas as personaxes creadas se bañaron e xogaron.
Xogamos moito, e para a foto de recordo de todas as personaxes, estabamos un pouco tristeiros porque se acababa a festa.
Obradoiro nos que os rapaces pintaron nas súas mans as personaxes as que logo lles darían vida facéndoos falar, inventándose unha historia, un conto.
Cada man era unha nova protagonista para as historias que contamos
Xuntos conseguimos crear un novo conto que poidemos representar coas nosas mans feitas títeres.
Máis información sobre esta actividade no Facebook da nosa biblioteca clicando aquí.
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.
En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.
Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.
Séguenos