Celebración do Día do Libro na B.P.M. de Oroso
O día 23 de abril a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro cun contacontos “O soño do rato” realizado por Olga Abad. Despois, os nenos e nenas escolleron na sala infantil os libros con historias de diferentes lugares do mundo nos que se imaxinan que podería viaxar o rato César, protagonista do contacontos.