Trinke Trinke propón un divertido e saudable menú de contos en Catoira
O sábado 26 de abril, a compañía Trinke Trinke representou na Biblioteca Pública Municipal de Catoira o espectáculo “Aventuras na cociña”. Foi unha sesión de contos diferente. Un ratiño presentounos un divertido menú a base de froitas e verduras que se convertían en personaxes de incribles historias.





