Con Maxia continuan as “Letras Galegas 2014” en Cee.
O mércores, 21 de maio, a Mago Richard durante aproximadamente unha hora, cativou co seu espectáculo “Tecnomaxia” a 160 rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Primaria dos diferentes centros educativos do Concello. Sesión de maxia na que misturou o ilusionismo co pragmatismo científico, ofrecendo unha actividade lúdica pero tamén de gran contido didáctico.
Actividade chea de incribles trucos e apaixonantes historias, que fixeron voar a imaxinación a un público que desde un primeiro momento conectou fenomenalmente co desenvolvemento do espectáculo, acadando dun xeito moi ameno que os rapaces gozasen dunha tarde repleta de suspense e sorrisos.