Contando con imaxes na BPM do Saviñao
Día 6 de xuño de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Da man de Noemí López desfrutamos do obradoiro Contando con imaxes, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da ilustradoraós asistentes, quen os invitou a non ter medo a debuxar e a que non entraran en pánico por non ter unha gomiña de borrar.
Entre todos, grandes-grandes e pequenos, creamos unha nova versión de Brancaneves.
Aprendemos a representar as expresións máis frecuentes: risa, terror, tristeza,…
De feito, cando estaba rematando o obradoiro, a ilustradora toleou e empezou a facer raias e máis raias, sen xeito… Pero tiña unha explicación mooooi lóxica: estaba intentando descubrir como lle gustaba máis a personaxe, e un truco para non emborranchar todo: non marcar moito co lapis, para poder borrar ó rematar despois de repasar as liñas definitivas con rotulador.
Tanto os adultos participantes coma os máis pequenos desfrutaron da experiencia e sobre todo de comparar as obras duns e outros ó rematar.
Pero só os máis pequenos se animaron a posar coa ilustradora.