Libros. Imaxes. Curtametraxes con Xes Chapela
Neste mes de xullo (4,5,11 e 12) tivemos a sorte de poder contar coa presenza do creador audiovisual Xes Chapela na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para impartir o obradoiro “Libros. Imaxes. Curtametraxes“.
O obxectivo de este obradoiro foi proporcionar un espazo de aprendizaxe arredor da elaboración de curtametraxes e todo o traballo que conleva: elaboración do guión, reparto de personaxes e de funcións para cada un, dende os técnicos de cámara, a dirección, axudantes de son, pasando polos actores, así como a selección de atrezzo necesario.
Por outra banda aproveitamos a oportunidade de ter este obradoiro na biblioteca para crear unha curta que servira para promocionar e dar coñecer o noso club de lectura xuvenil “ElClú”.
Contamos con nove rapaces e rapazas que disfrutaron moito durante os catro días que durou o taller, nos cales descubrimos futuras promesas do cine, tanto diante como detrás da cámara. Foron catro días moi intensos que nos souberon a pouco pero que puidemos aproveitar ao máximo.
A curtametraxe elaborada neste obradoiro publicarémola no Blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais, estade atentos para non perdela!!!
O noso agradecemento a Xes Chapela e aos rapaces que participaron no obradoiro. Feliz verán para todos/as!!!