O Carballo con botas pasea a súa Titiricleta por Castrelo
O luns 13 de outubro O Carballo con botas chegou a Cambados coa súa Titiricleta para comezar un maratón de contacontos que o levará ás axencias de lectura do municipio dentro dos actos organizados no mes por excelencia das Bibliotecas. A primeira parada a fixo en Castrelo e os pais e rapaces que asistiron divertíronse coas súas fermosas historias!






