A Titiricleta do Carballo con botas recala en Corvillón!
Onte, 14 de outubro, O Carballo con botas continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón. A súa axencia de lectura encheuse de pais e nenos que quixeron coñecer como é unha titiricleta e as historias que nela se contaron non defraudaron a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das bibliotecas en Cambados…mañá será o turno da axencia de lectura de Oubiña…pero mentres ai van unhas fotos!