Animalario fantástico na BPM de Baiona
As celebracións do día do libro transcorrían na BPM de Baiona. Ás 18. 00 h vinte e catro nenos puxéronse en marcha da man de Luís para facer un animalario propio inspirado na gran gran obra do doutor Revillod o gran científico descubridor. Durante hora e media percorremos os límites do mundo real e a ficción.