Tras a súa visita aos nenos de Oubiña e Vilariño, onte chegoulle o turno aos socios da ALM de Corvillón, que xunto coas divertidas historias de Xanela Ocio, puideron celebrar por todo o alto O Día do Libro, grazas ao programa Ler Conta Moito!
Uns 25 nenos de Educación Primaria participaron na actividade “Crea Fósiles de dinosauros” impartida por Mau Marela dentro do programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo LER CONTA MOITO. Durante o obradoiro os nenos puideron ver un audiovisual sobre os dinosauros e despois crearon os seus propios fósiles de dinosauros. Un gran nivel de participación e motivación deron como resultado unha actividade moi satisfactoria para todos.



Obradoiro de banda deseñada programado para o alumnado de 3º A de ESO do IES David Buján de Cambre.
Santy Gutiérrez logra que os rapaces e rapazas realicen a súa propia páxina de cómic.
Preséntalles o Guión técnico e a partir de ahí vai desenvolvendo o deseño de personaxes, distribución de textos, bocadillos… manexando toda a linguaxe do cómic: liñas cinéticas, distintos tipos de planos, onomatopeias…
Cada participante levou o seu propio cómic. A actividade resultou moi ben valorada polo asistentes.
Estes obradoiros desenvólvense dentro do noso programa ABRILUSTRADO.

Preto de 60 nenas e nenos de 0 a 3 anos, con adultos acompañantes disfrutaron coa música e os contos de Pablo Díaz.
Temas e rutinas familiares para os máis pequenos.
Lúa, Crocodilo e Paco, coas cancións como fío conductor, fixéronnos pasar unha tarde moi divertida e participativa.
Utilizando como pretexto o mundo das palabras e dos libros, Carlos Coira, un mago dos de antes con chisteira e variña, mostrounos un pouco da súa obra Abrapalabra, que nos permite gozar da maxia das palabras. Con elas podemos xogar e xa vimos que o resultado é do máis divertido; e de paso aprendemos algúns truquiños de maxia que espertaron a curiosidade dos máis cativos e dos non tan cativos.
Foi unha actividade moi dinámica, onde os máis cativos estiveron implicados e participando dende o primeiro momento. Algúns dos trucos crearon verdadeiro interese e admiración, todo isto acompañado de música, libros e, como non podía ser menos, moita maxia¡¡
Tres foron as obras escollidas para acercarnos a figura de Shakespeare, unha traxedia como Hamlet e dúas obras de enredo como Noite de Reis e a Tempestade.
Contóusenos o argumento e analizamos os personaxes presentes nas tres obras e vimos as similitudes e o gusto do autor polas situacións máis enrevesadas.
Con motivo da celebración da Semana do libro na Axencia de Lectura de Coiro, o pasado día 21 de abril , tivemos a visita de Polo Correo do Vento, e tivemos a sorte de que nos contasen ” A volta ao mundo en oito máquinas” da man de Carlos Taboada e de Enrique Mauricio. Os nen@s e pais desfrutaron moitísimo e ademáis puideron aprender a debuxar nun pequeno obradoiro de debuxo ao finalizar o contacontos.
o pasado día 15 de abril tivemos a actuación de Pabilisimo na axencia de lectura de Esteiro. Os nenos e os país disfrutaron con contos, adiviñas e cancións de Ras.

O día 21 de abril a Biblioteca de Lourenzá coincidindo coa semana na que se celebra o día do libro mergullouse cos Quinquilláns nos mares e océanos dos libros para descubrir a lenda de por qué a auga do mar é salgada.
O pasado luns 21 de abril, a compañia de Títeres Cachirulo, fixo desfrutar a maiores e cativos, cunha fantástica adaptación deste conto clásico. Cheo total!


Séguenos