Con Teatro continúa “Letras Galegas 2015” en Cee
Nesta semana das Letras Galegas, na nova Casa de Cultura de Cee, continúa o programa de actividades culturais organizadas pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” sendo os rapaces os grandes protagonistas. O xoves 14 de maio, 180 rapaces de Educación Infantil dos colexios “Eugenio López”, “Manuela Rial Mouzo” e das Escolas Unitarias de Brens e Pereiriña encheron de sorrisos as diferentes instalacións da Casa de Cultura (salas de exposicións, biblioteca,…) e en especial o auditorio, grazas á obra “Contos de lobo” da Compañia Teatro Ghazafelhos .
Cunha atractiva e divertida posta en escena, ofrécese durante aproximadamente unha hora, un espectáculo onde se mestura maxia, acrobacias, contos e xogos, facendo participar desde un primeiro momento aos cativos, os cales asisten espectantes durante toda a función.