A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros. Nela vive a memoria entre libros, bonecas de millo, chapeus… e tamén adiviñas. Velaí unha: Redondo como o pé dun cabaliño, ten cen mil follas e non as conta ninguén. Que é? A resposta agarda na vosa biblioteca.