“Debuxar Letras” con Alba Farto




Contos, historias, coplas,…que teñen como escenario un taller de costura e cuxos instrumentos son os fíos condutores deses contos |
|
Un espectáculo de narración oral absolutamente marabilloso, que, desde os primeiros minutos, deixou absortos tanto ao público infantil como adulto. |
“Astrolabios” é un espectáculo de narración oral que, a través de historias de todo tipo, nos achega ao firmamento e os seus misterios. E todo isto, cunha estupenda recreación espacial da contorna. |
![]() |
Foi un éxito e, ao mesmo, tamén contribuíu a interactividade co público. Ainda que recomendado “a partir de 7 anos”, os nenos que asistiron de idades máis tempranas, quedaron ata o final e o gozaron ainda que se lles escapase algún concepto. |
Compartir con Charo Pita o contacontos de “A formiga na barriga” foi unha absoluta gozada para os quince nen@s e os adultos que os acompañaron.
Rimas, historias, xogos e cancións captaron completamente a atención de nen@s moi, moi pequen@s.
“A formiga na barriga. O cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz.”
Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia, historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago.
Bo Camiño, Leo Leiño!
O pasado mércores, un grupo terapéutico de Alzheimer participou no obradoiro “Caderno de lectura con Zentangle” impartido por Elisabet Hillerud, no que utilizaron o método zentangle para decorar a cuberta dun caderno de lectura.
É unha técnica que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.
As persoas que asistiron pasarono xenial, entenderon que o importante non era o resultado e gozaron coa plena atención na realización dos trazos.
Tanto no parecer de Elisabet como no dos participantes e das monitoras do grupo, foi unha experiencia totalmente satisfactoria e gratificante.
Séguenos