O domingo 3 de maio a Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil contou coa actividade “Palma, repalma, contos para bebés”.
Os bebés estiveron moi atentos e os pais participaron de forma activa en todas as actividades propostas: cantos, arrolos, contos…
O GRUPO “POLO CORREO DO VENTO” estivo na BPM de Ordes o venres 24 de abril e contáronnos unha curiosa historia: “O misterio do pirata Benito Soto”. Cando remataron co conto, conseguiron facer de nós uns verdadeiros artistas, pois dibuxamos e coloreamos piratas ata transformar a biblioteca no Mar do Caribe.

“O misterio do pirata Benito”
Os nenos e nenas pasárono moi ben con Alba porque foi unha actividade moi divertiva. A froita, as legumes e as intolerancias que moitos nenos e maiores teñen aos alimentos foros os protagonistas das historias.

Tendo como escenario a Feira do Libro a actuación de “Polo correo do vento” tivo un público variado en idades, ainda así, “A volta ao mundo en oito máquinas” atrapou os pequenos transportandoios a un mundo imaxinario de viaxes sen fin, percorrendo o mundo sen moverse….
Unha mañá de poesía guiada por unha poetisa onde a maxia, a emoción, as palabras e os versos cobraron vida, onde os sentimentos estiveron presentes.
Unha mañá de poesía que non deixaron a ninguen indiferente….
Unha mañá de poesía onde todos nos convertemos en poetas….
Unha mañá na que na quinta agromaron versos….
Grazas Yolanda por esta mañá na nosa quinta.
BOA TARDE:
ADXUNTO ENVIAMOS AS FOTOS DA PRIMEIRA ACTIVIDADE CONCEDIDA DO PROGRAMA LER CONTA MOITO.
A DATA DA REALIZACIÓN FOI O 24/4/2015.


O xoves 30 de abril a Axencia de Lectura de Vilasantar contou coa actividade “Fotoconto” na que participaron 27 nenos do concello.
Foi una actividade moi divertida, onde os cativos foron os protagonistas coas súas propias fotos do conto que eles mesmos crearon.
O xoves 30 de abril, a Biblioteca municipal de Cerceda acolleou unha sesión moi especial de Contos… Historias contadas con diferentes linguaxes e favorecer a aproximación de todos e todas á linguaxe de signos.
Un experiencia diferentes na que os/as máis pequenos/as experimentaron novas formas de comunicarse e de favorecer a integración.
O día 21 de abril, para abrir boca de cara a celebración do día do libro, celebramos na axencia de lectura de Guillade,unha representación de maxia cómica da man da inigualable Leo Leiño.
Todo o publico, gozou dos números, dende unha linda galiña que puña ovos máxicos, ata un libro que ardía, un neno que se converteu nunha fonte, un billete especial, unha batalla de ovos…..
Aínda resoan as gargalladas.
Raquel Queizás fixo gozar a grandes e pequenos con este espectáculo de contacontos onde nos trasladou a outros continentes a través de historias e lendas de pobos descoñecidos. Trátase dunha actividade de gran calidade e os asistentes, que por outra banda participaron de forma activa na mesma, trasladáronnos opinións moi positivas.



Séguenos