Obradoiro de humor gráfico con GUITIÁN e LEANDRO, na Biblioteca Central de Cambre
Guitián e Leandro comezan definindo que é o humor gráfico para deseguido facer un percorrido polos grandes humoristas gráficos, comezando polas viñetas de Castelao, Chumy Chúmez e Forges.
Continúan co humor en prensa, con mención especial de Ann Telnaes, Xaquín Marín e Mordilla, pasando polo humor negro de Joán Cornellá, ou o gran Liniers coa súa serie “Macanudo”. Así, ata chegar ao humor gráfico con e a través do móbil, “memes” e “trollfaces”.
O obradoiro remata cunha parte práctica, entregando a cada participante imaxes de personaxes famosos co seu nome e un lugar para que cada alumno coloque unha cita ficticia en clave de humor.
Actividade cunha valoración excelente polos participantes.
En resumo, un obradoiro que resulta moi interesante e atractivo para realizar coa mocidade.