Obradoiro de manga. GOCHI na Biblioteca Central de Cambre
Obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa).
GoChi comeza dando unha visión xeral deste tipo de publicacións no pais de orixe: Xapón.
Proxecta diferentes vídeos nos que aparecen os distintos estudios de traballo dos “mangacas”, comentando o proceso de creación desde que se inicia ata a publicación final, pasando polo coloreado e tramado de cada páxina.
Mostra tamén en vivo os diferentes tipos de plumas, lápis e rotuladores que se utilizan en cada parte do proceso gráfico.
Destácanos a utilización das tramas, e de cómo moitas veces se convirte nun proceso de gran virtuosismo.
Descúbrenos que os creadores de manga realizan un traballo moi tradicional, moi manual, sen procesos dixitais.
A última parte do obradoiro ten un carácter máis práctico, coa creación de personaxes, sobre o que nos da unhas claves que resultan moi útiles.
A avaliación do obradoiro por parte dos participantes resultou excelente e no seu conxunto valorada como moi interesante.