En Fene celebramos o Día do Libro con Os contos de Pablísimo
O xoves 21 de abril celebramos por adiantado o Día do Libro na Biblioteca Municipal de Fene co gran Pablísimo.
Pablísimo presentounos o seu “Contiario”, unha recopilación de historias: contos de nunca rematar, xogos de palabras, cantares de cego e cancións por só citar algúns. Cantos contos aprendimos!!
Achegounos ao mundo dos libros, bibliotecas e de todo tipo de historias cun divertido e imaxinativo espectáculo no que os asistentes participaron moi activamente. Unha maravillosa maneira de celebrar o Día do Libro!
Nenos/as e adultos desfrutaron moitísimo e pasou o tempo voando! Estamos desexando que volva!