Obradoiro de “stop motion” na Biblioteca do CSC de Conxo – Santiago de Compostela

Minia Regos realizou coas quince rapazas e rapaces asistentes ó obradoiro unha actividade consistente na realización de pequenas curtametraxes mediante montaxes fotográficas coa utilización de diferentes técnicas (modelado de personaxes de plastilina, cartolina,…) durantes os catro primeiros sábados do mes de abril. Foi unha actividade completísima na que a rapazada tivo a oportunidade de desenvolver diferentes destrezas coma a creación literaria, a imaxinación, a capacidade de síntese, a creatividade, estratexias de ilustración e deseño de personaxes, gravación de voces e sons,…
Minia conduciu a actividade dun xeito ameno e divertido e os nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito.




