“Contos para bebés” na B.P.M. do Grove
Os integrantes de Pavís Pavós achegaron ata a Biblioteca Pública Municipal do Grove unha sesión de contos durante a cal recuperaron a forma tradicional de narrar, os arrolos, os cantos e as ladaíñas para bebés.

Grandes e pequenos pasaron unha agradable mañá de sábado compartindo historias, cancións e xogos






