Xosé Tomás ensinou técnicas de banda deseñada no Vicedo
Rematou un moi divertido obradoiro de banda deseñada impartida por Xosé Tomás, os nenos e nenas participaron e debuxaron moito, aprenderon historia da banda deseñada, as principais características e pasaron un rato moi ameno. Ademais despois puideron levar os seus traballos para casa e compartir coas súas familias os resultados.