Pablísimo na Biblioteca de Darbo
O pasado xoves, 12 de maio, tivemos na Biblioteca de Darbo o espectáculo “Mans” de Pablísimo. Tratouse dunha contada moi amena na que as mans foron as protagonistas. Nenos e maiores quedaron encantados co espectáculo. 100% recomendable!