“OS QUINQUILLÁNS” visitan TOURO
A compañía Os Quinquilláns pasaron pola Casa de Cultura de Touro para ofrecer un espectáculo cheo de diversas e apasionante historias.
A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas son dous irmáns veciños de Loxo, na parroquia de Touro.
Tras representar a lenda, e aproveitando o bó día sairon os dous tripulantes que organizaron unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos…..