Maxia e música con Álvaro Muras e Martín Camiñas na biblioteca de Silleda
Na BPM de Silleda levouse a cabo unha representación na que se combinou a música coas ilusións máxicas, con referencias á maxia presente na obra de Manuel María, autor ó que se lle adicou este ano o día das letras galegas.
Logrouse así captar a atención dos máis pequenos, facendo divertida unha materia tan atractiva como é a maxia, poñendo a proba a agudeza, a observación e a expresión tanto oral como corporal.