Titiricleta na biblioteca Monte Alto (A Coruña).
A Titiricleta chegou a Biblioplaza de Monte Alto! E veu cargadiña de contos e historias de todo o mundo. Anxo sorprendeunos coa súa chegada á Biblioplaza, un evento que a biblioteca Monte Alto celebra cada mes de xuño saíndo a rúa, na procura dos veciños máis despistados, os que aínda non saben a marabillosa biblioteca que teñen no terceiro andar do centro cívico. E con Anxo e os seus monicreques gozamos do auténtico poder da narración oral, do poder das verbas e da voz, frente ao auxe do visual e as novas tecnoloxías.
Se queredes coñecer o fermoso proxecto para construir un mundo mellor no que colabora esta divertida titiricleta, visitade o seu blog CONTOS SOLIDARIOS.