TRINKE TRINKE EN COIRÓS
Os nenos de Coirós gozaron co clásico “Riciños de Ouro” da man Trinke Trinke.
Contacontos acompañado de música na que os nenos fixeron a súa achega.

Os nenos de Coirós gozaron co clásico “Riciños de Ouro” da man Trinke Trinke.
Contacontos acompañado de música na que os nenos fixeron a súa achega.


Este luns 8 de agosto tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar co ilusrador Xosé Tomás que impartiu o Obradoiro de banda deseñada Coñécete a través dos cuadriños
As persoas asistentes crearon durante dúas horas persoaxes baseados no seu entorno, inventando guións sobre a súa vida e contando a súa propia historia entre as viñetas.

O pasado venres, 5 de agosto, o Mago Paco visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Divermaxia, un espectáculo de A Illa d@s nen@, do máis dinámico e interactivo, que mestura narración oral, xogos e ilusionismo con grandes doses humor. Sen dúbida, recomendable. Que ben o pasamos!
O xoves, 4 de agosto tivemos a visita de Magín Blanco cos seus Libros En-Cantados na Semana Cultural en Zas. Que ben o pasamos!!!



O pasado mércores 3 de agosto contamos con “Os tres tenedores” en Zas, convidados pola Axencia de Lectura de Baio para participar na Semana cultural do Concello cos seus “Petiscos Musicais”.
Un auténtico e divertido Cocido Sinfónico que nos fixo cantar, brincar e bailar.




Os nenos e nenas de Catoira gozaron coas historias contadas e cantadas por Raquel Galavís. Un repertorio de relatos que todos acompañamos cos nosos propios ritmos e coreografías.
Viravolta Títeres, da man de Anxo García Fernández, trouxonos o espectáculo, o 7 de Agosto, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.
A ac
tividade levouse a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
“Cocer e cantar”:
Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

Máis info: www.bibliotecadeverin.es
O pasado venres 5 de agosto, na biblioteca de Covelo, tivemos a actuación de Caxoto Contacontos, na que asistiron cerca de 50 nenos e nenas. Foi unha actividade divertida chea de contos de medo…..que non eran de medo.
Pan e Auga? Sopas!
Unha actividade na que os nenos e nenas participaron activamente pasando unha mañá moi divertida con Xandobela.


Séguenos