Divermaxia na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (Oleiros)

O mércores, 21 de setembro, a Biblioteca de Santa Cruz de Oleiros encheuse de maxia, de diversión e de boas lecturas.

Xogos e Maxia na Bilioteca Rosalía De Castro De Santa Cruz
O Mago Paco conseguiu que o público asistente se mostrase entusiasmado e participativo en todo momento, conseguindo crear momentos de sorpresa durante os trucos de maxia, de auténtica diversión durante os xogos e de atención nas narracións dos contos.




