OS QUINQUILLÁNS NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA (OLEIROS)
O día 29 tivemos a sorte de gozar do espectáculo Por que é salgada a auga do mar? na nosa biblioteca.
A través de dous investigadores, transformados en personaxes dunha historia, explicáronlles aos nenos e nenas cal era a orixe da sal do mar, situándoa nunha vella historia acontecida no lugar onde agora está a nosa biblioteca, hai moitos anos.
A actuación rematou cun percorrido polo xardín, onde os rapaces e rapazas perseguiron a varias criaturas mariñas, unha raia, un cabaliño de mar…