AS LETRAS NA GAIOLA NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O pasado xoves 29 de setembro ás 18 horas tivo lugar na biblioteca pública municipal de Monforte de Lemos unha sesión de xogos e contacontos cuxo fio conductor foi a obra do poeta Manuel María, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, e que estivo moi vencellado a este pobo e a esta biblioteca.
Un grupo de rapaces pasaron unha hora moi agradable xogando e participando das diversas actividades lúdicas que lle organizaron as monitoras.