Lobo bobo na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros
![]()
Este martes 4 de outubro Carapuchiña Vermella, o Lobo feroz, Brancaneves e outros personaxes dos contos clásicos mesturáronse nun orixinal e moi divertido contacontos onde non faltou a música, a poesía, e unha coidada escenografía que cativaron aos asistentes. Un novidoso paseo polos contos de sempre da man de Elefante Elegante e o seu espectáculo Lobo Bobo.
![]()




