COAS MANS NA MASA
Celebramos o Día das Bibliotecas coa actividade de OQO editora Coas mans na masa na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer o pan, desenvolve un workshop creativo onde os cativos fan os personaxes do conto…con masa de pan!
A maioría dos pais e nais cos seus nenos e nenas valoraron o contido da actividade e ao profesional que a realizou, positivamente como moi interesante e recomendable.
Máis información en BLOGGIT, blog da sala infantil-xuvenil