“Rosa non é unha cor…” na B.P.M. “Rosalía de Castro”, celebrando o Día da Biblioteca en Vilagarcía de Arousa
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, o 24 de outubro, realizouse unha sesión de contacontos titulada “Rosa no é unha cor…” a cargo de Cristina Vázquez Santos que contou “historias que ensinan e debuxan un sorriso ao mesmo tempo”.
“Nin rosa é unha cor de nenas nin azul é de nenos. Rosa e azul son cores amigos dos rapaces. Unen, non separan”.
A igualdade entre homes e mulleres é un valor que se debe inculcar desde a infancia.












