Os Ratos de Lonxedetodo

Ratos de Lonxedetodo
Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata a Biblioteca da Coruña para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.
A Compañía do Trinke-Trinke estivo este sábado 14 de xaneiro cos Ratos de Lonxedetodo. A valoración da actividade foi excelente polas nenas e nenos que asistiron cos seus pais, que nos piden que se leve a cabo máis veces na Biblioteca.
En conxunto a actividade resultou moi interesante.
Moitas grazas polo voso interese e pedimos disculpas polo erro na pax. web da hora da actividade. Os sábados de animación sempre son ás 12 h.