Os usuarios da nosa biblioteca pasaron unha tarde moi didáctica e divertida grazas a Xesús Fernández Alonso e a súa compañeira de “Ciencia en Movemento”. Ensinaron ós rapaces unha serie de aparellos: O motor stirling, A lámpada de Tesla, que causou unha gran sensación; ou o móbil do futuro; fósiles… etc. E explicáronlles as leis físicas necesarias para comprendelos. Para rematar os participantes sacáronse fotografías con ET, o extraterrestre 🙂
|
|