Biblioteca Pública Municipal de Poio.
Luns 03 de abril de 2017.
Celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa pegada do cartelo conmemorativo e a lectura do manifesto do poeta Sergey Makhotin.
Ás 17:00 tivemos un obradoiro”Caderno de Lectura.No obradoiro empregouse o método zentangle para decorar un caderno de lectura. É unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.