As “Mans” de Pablísimo estiveron na Biblioteca de Ribeira
O pasado sábado, 13 de maio, tivemos contacontos na Biblioteca de Ribeira porque Ler Conta Moito!
Ás 11.00 h chegaron as primeiras persoas e ás 12.00 comezou a función “Mans” dos Contos de Pablísimo que deixou abraiado ao numeroso público.
Grandes e pequenos pasamos unha mañá extraordinaria coas preciosas historias que Pablo nos contou.
Vémonos na Biblio!