Comechíns, segundo prato…na BPM do Saviñao
Día 1 de setembro de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para a volta ao cole con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Comechíns,
segundo prato
da man de Alba Bermúdez
o 1 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
Mentres faciamos tempo para a hora, estivemos con Alba aprendendo cousas cun libro que non sabiamos que había na biblioteca: No tires de la cadena, secretos científicos sobre la caca y el pis nel descubrimos cousas que nunca imaxinamos que se puideran facer con esas dúas cousas.
Chegada a hora, comezamos averiguando os gustos dos participantes en canto á comida: se algún alimento non nos gusta, se temos alerxias ou intolerancias alimentarias, que é o que máis nos gusta na mesa e o que menos,… Alba viña preparada para unha merendola de contos no campo cunha canasta cun mantel e chea de historias. Axudámoslle a poñer a mesa e a merendar contos:
Co de No quiero comer, aprendemos que coa axuda da nosa imaxinación podemos divertirnos mentres comemos aínda que sexan cousas que non nos gusten moito.
Co conto A vaca que puxo un ovo, aprendemos que poden ocorrer cousas incribles se o desexamos con forza e contamos con bos amigos.
O coelliño branco ensinounos que non hai que ser moi grande para vencer a un mangallón: abonda con ser máis listo porque o medo non debe deternos.
C’O segredo de Flora, aprendemos unha canción para alonxar o mal humor e os comportamentos violentos.
E con Imos cazar un oso fomos de aventura con toda a familia.
Coma sempre, unha pequena selección de libros relacionados está exposta na Casiña dos ratos: