Arte nos libros
O pasado 4 de agosto ás 11:00 horas na Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón impartiuse un obradoiro creativo chamado “Arte nos Libros” adicado a Luis Seoane.
Este obradoiro tivo unha parte na que se deu a coñecer a vida e obras do autor a través de proxeccións. A segunda parte foi práctica, na que os nenos disfrutaron creando arte.