BiblioCanta na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre



A actividade de BiblioCanta está conducida por Chío Couto Rendo. Nela vai facendo un percorrido polo cancioneiro galego de tradición oral de ditos, recitados, nanas, xogos e cancións que fan disfrutar a público infantil e tamén a avoas e avós acompañantes.
Moi divertida e participativa e moi recomendable para realizar en bibliotecas. Funciona tanto con bebés como cos máis maiorciños que sen dúbida lles gusta recordar aquello que aprenderon de pequerrechos.
Ademais é unha maneira máis de fomentar o noso fondo de música e poesía.




