DIVERMAXIA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA POBRA DO BROLLÓN (LUGO)
Este sábado 28 de outubro, ás 17:00 hs tivo lugar un obradoiro de “DIVERMAXIA”, co que festexamos o Día da Biblioteca.
Os nenos e nenas estiveron encantados con esta actividade a cargo do Mago Infantil Paco, na que se mesturaron contos e xogos variados cheos de maxia. Prodúxose unha gran participación por conta dos participantes, interactuando en todo momento dentro dos trucos de máxia levados a cabo polo Mago.
Tratouse dunha actividade moi didáctica na que os protagonistas tiveron oportunidade de incrementar a paixón pola lectua.
Grazas o Mago Paco por esta tarde que compartimos tan máxica e chea de risas.
Moi recomendable.