“O TEATRO MAIS PEQUENO DO MUNDO” NA BIBLIOTECA DE “O FROXEL” Fco.A.Vidal de ARTEIXO.
O día 17 de outubro, o actor Santi Prego presentou na Biblioteca de “O Froxel” de Arteixo, un repertorio para nenos pequenos, con contos tradicionais.

O día 17 de outubro, o actor Santi Prego presentou na Biblioteca de “O Froxel” de Arteixo, un repertorio para nenos pequenos, con contos tradicionais.

O pasado venres, 20 de outubro, tivemos o pracer de recibir a visita de Charo Pita na biblioteca de Mera (Oleiros). As nenas e os nenos escoitaron marabillados as historias que nos contou e cantou Charo, que engaiolou ao seu público dende o primeiro momento.

“Arte nos Libros: Luís Seoane” a cargo de Crearte Servizos
Imaxes artísticas, lecturas e actividades plásticas conformaron este divertido obradoiro no que as rapazas e rapaces observaron, dialogaron, xogaron e crearon a partir de imaxes artísticas e textos literarios e estableceron divertidas conexións entre artes visuais, a literatura, a historia e mesmo a ciencia.

Todo isto a través do personaxe de Luís Seoane para coñecer o xeito de pensar e crear deste polifacético artista galego, amigo de Picasso e de moitos outros artistas, que serviu de inspiración para facer a súa propia paisaxe mariña.

O sábado 21 de outubro, tivo lugar na Biblioteca de Burela a actuación de Teatro dos Ghazafelhos coa obra ” Camiñando entre estrelas”,un contacontos que nos ilustrou dun xeito ameno e pedagóxico a formación dos planetas, estrelas e demais astros… apo-iado cunha pequena escenografía onde se mostra os distintos obxetos celestes.Pepablo Patinho fixo unha viaxe incrible cos seus personaxes e os seus contos.
A Biblioteca de Burela con LER CONTA MOITO 2017.



Este sábado tivemos a visita de Fran Campos e a súa compañeira Filipa. Xuntos cantamos, escoitamos contos e pasámolo xenial nunha sala chea… Que máis poderiamos pedir?

Pablísmo engaiolou aos asistentes con contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…Este sábado 21 de outubro e anticipándonos a celebración do Día da Biblioteca visitounos, Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai! De aquí a acolá” no que se combinan cancións, e interpretacións con ritmos moi divertidos. Os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte dos temas do seu repertorio, dirixido a nenas e nenos de todas as idades. Todo un éxito de participación tanto de xente miúda como de maiores.

dav
Actividade moi entretida na que os nenos e nenas puideron “viaxar” por outras culturas e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta.

Dous improvisadores levaron a cabo esta actividade no Centro Social Municipal de Maiores fomentando a axilidade mental, creatividade mediante poesía “satírica”
O sábado na BPM de Ourol tivemos a Efervesciencia cun obradoiro moi interesante onde aprendemos o que era a biotecnoloxía e onde os rapaces/as puideron practicar con materiais moi sinxelos. 


Séguenos