Chocolate- Teatro Calavera- Biblioteca de Bertamiráns (Ames)
O mércores 23 de maio da man do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa os nenos e nenas de Bertamiráns viviron unha aloucada aventura cociñeira que rematou cun postre feito con froita bañada en chocolate. Teatro Calavera conseguiu, sen dúbida, que todos pasáramos un bo rato!