Museo Científico de Ciencia en Movemento en Cordeiro
A Biblioteca Pai Isorna converteuse esta mañá nun Museo Científico formado por máis de vinte obxectos co lema “Prohibido non tocar”. Esta actividade de divulgación científica da compañía Ciencia en Movemento foi o último obradoiro programado polas Bibliotecas Municipais para fomentar a lectura entre os máis novos durante este verán.
Espertar a curiosidade dos rapaces e que realizasen os seus primeiros experimentos cos que aprender xogando era o obxectivo da actividade, e abofé que o conseguiu xa que os nenos comprobaron, sorprendidos, como a ciencia cambia e inflúe en moitos aspectos da súa vida cotiá.