“Avós” con Trinketrinke Teatro na B.P.M de Bertamiráns (Ames)
O pasado martes 18 de setembro inauguramos o novo curso na biblioteca de Bertamiráns e fixémolo da man da Ratiña Lily Grúyere, que encheu a biblioteca coas súas historias sobre un par de avós moi marchosos e unha avoa e unha maceira.. Historias tenras e divertidas que fixeron as delicias das cen persoas que nos acompañaron.