“RADIO BULE BULE” con Paco Nogueiras en BIBLIOPAZOS
O pasado venres 21 de setembro, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e organizado pola Biblioteca Pública Municipal “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Radio BULEBULE” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e os de 1º a 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, xunto cos usuarios da Asociación ASPAVI disfrutaron moitísimo deste espectáculo de animación á lectura a través da música, teatro e danza. Abriron as orellas, sintonizaron Radio BULEBULE e cantaron, bailaron e participaron dos concursos do mellor e máis divertido programa de radio da comunidade galega cheo de humor, baile e cancións.
Parabéns para Paco Nogueiras polo seu formidable espectáculo e mil grazas por facer que nos divertíramos tanto.