03/09/2018
Este sábado, 2 de setembro, tivemos unha interesante actividade. “Alejandro de la Sota. Arquitectura para nenas e nenos”.
O taller infantil cadrou coa exposición “Alejandro de la Sota. 1913-1996”, organizada polo COAG en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Alejandro de la Sota, que estaba na Porta do Sol, moi preto da Biblioteca.
Á 11.00 h comezamos no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas e, con moita atención, aprendemos quen é o arquitecto Alejandro de la Sota e as cousas incribles coas que fixo posible a contemporaneidade na nosa vida.
Barras e nós para soster os nosos teitos.
Despois, na Biblioteca, traballamos para crear os soportes máis rexos e máis lixeiros.
E toda a actividade ao carón dos libros sobre arquitectura que tiñamos moi á man na mesa de exposicións bibliográficas das nosas instalacións.
Ao rematar visitamos a exposición na Porta do Sol.
Grazas ao Taller Abierto de Gestión Cultural polo seu magnífico traballo.
Séguenos