RAPOSADAS con Raquel Queizás na Biblioteca Central Rialeda de Perillo (Oleiros)

O pasado xoves 4 de outubro tivemos a sorte de contar con Raquel Queizás e o seu espectáculo Raposadas.
Unha raposa narrounos contos e adiviñas acompañada por uns pequenos monicreques e ata un galo que gustou moito aos nenos e nenas que non pararon de rir e participar respondendo ás preguntas que lles facía.





