O Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera fixeron unha representación moi doce.
A través dunha historia de amor Antón e Tomasa achegaron aos nenos e nenas ao mundo da poesía, xa que utilizaron o verso para contar as súas aventuras de cociña. Cunha escenografía moi coidada e con moito agarimo interactuaron cun grupo de 60 nenos e nenas de educación infantil. Para rematar cun obradoiro no que cada participante decoraba unha madalena con fondant, estimulando a creatividade e poñendo en práctica hábitos de hixiene necesarios para realizar a actividade.






