Olga Brañas presentou o seu espectáculo Cinema e música no Vicedo
Olga Brañas presentou un fermoso espectáculo de cine mudo acompañado por piano que deleitou aos nenos e nenas presentes, así como tamén aos maiores. A proxección da película “O moderno Sherlock Holmes”, de Buster Keaton, fixo as delicias dos asistentes e a forza interpretativa ao piano de Olga, tamén propiciou que se xerase un clima moi interesante no espectáculo. Unha actividade de moito interese que deixou con moi bo sabor de boca aos asistentes.